Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

A Súa Maxestade a Raíña dona Letizia

A formación profesional é o instrumento educativo imprescindible que pode reorientar o modelo económico, favorecer o desenvolvemento persoal e profesional e que, en definitiva, é bo para mellorar a sociedade enteira

Madrid, 4.4.2011

  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin

FUNDACIÓN HESPERIA

1. Antecedentes:
Don Juan Ignacio Balada Llabrés, falecido o 18 de novembro de 2009, nomeou herdeiros da metade do seu patrimonio, a partes iguais, ás Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias e aos oito netos das Súas Maxestades os Reis. Deulles encarga aos príncipes de crear, co outro cincuenta por cento, unha fundación de interese xeral.
O señor Balada dispuxo no seu testamento que, no caso de que os herdeiros renunciasen á herdanza, esta pasaría ao Estado de Israel.
Nas notas informativas da Casa da SM o Rei do 28 de maio de 2010, do 25 de febreiro de 2011 e do 21 de maio de 2012 (anexo1 , anexo2) se explican los detalles de la herencia del Señor Balada y las distintas operaciones particionales entre los herederos y la Fundación.explícanse os detalles da herdanza do señor Balada e as distintas operacións de partición entre os herdeiros e a Fundación.
2. Constitución:
As Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias, cumprindo a vontade de don Juan Ignacio Balada Llabrés, expresada no seu testamento, constituíron a Fundación Hesperia o día 23 de abril de 2010, que quedou inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Educación pola Orde EDU/2133/2010, do 30 de xuño.
3. Obxecto:
O señor Balada dispuxo no seu testamento que a Fundación debería ter por obxecto o estudo e o apoio da institución monárquica tanto en España coma no estranxeiro, así como o seu fomento a través das ciencias e das artes. E facultou as Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias para fixar outros obxectivos que se concretan a continuación:
a) A formación da xuventude, para facilitar o seu mellor acceso ao mercado de traballo.
b) A promoción, participación e fomento de proxectos de carácter social.
c) O fomento da cultura nas súas diversas manifestacións.
4. Padroado e protectorado:
Baixo a Presidencia de Honra das Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias, o goberno, representación e administración da Fundación está encomendado a un padroado, cuxos membros son:
Presidente:  don Gonzalo Urquijo Fernández de Araoz  
Secretario:  don Enric Brancós Núñez
Vogal:  don Luis de Carlos Bertrán
Os patróns exercen os seus cargos de forma gratuíta.
A Fundación encóntrase baixo o protectorado do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
5. Auditoría e contabilidade:
A auditoría de contas da Fundación está encomendada á empresa PRICEWATERHOUSECOOPERS AUDITORES, SL e das tarefas de consultoría e contabilidade encárgase a empresa AUXADI, CONTABLES – CONSULTORES, SA, representada por don Víctor Salamanca.
6. Doazóns das Súas Altezas Reais:
As Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias comunicaron publicamente, o día 16 de xaneiro de 2010, que a parte que puidese corresponderlles na herdanza do señor Balada se destinaría integramente a fins sociais.
7. Patrimonio e dotación fundacional:
Os proxectos que leva a cabo a fundación fináncianse coa rendibilidade do seu patrimonio e das doazóns efectuadas polas Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias.
8. Orzamento e plan de actuación da Fundación:
Exercicio 2011:
O plan de actuación da Fundación Hesperia para o ano 2011 centrouse na mocidade e nalgúns dos seus problemas máis importantes. Nese sentido, o obxectivo prioritario da fundación durante este exercicio foi axudar a mocidade a que puidese obter un emprego, loitar contra o fracaso ou o abandono escolar, así como ofrecerlles axuda e protección aos menores en situación de desprotección ou de vulnerabilidade.
O importe total dos proxectos desenvolvidos ascendeu a 275.000 €.
En concreto, os catro proxectos aprobados foron os seguintes:
1. Proxecto de inserción no mercado de traballo de mocidade discapacitada. En colaboración coa Fundación para as Persoas Discapacitadas da Illa de Menorca (FPDIM), axudouse a que mozos cunha discapacidade intelectual leve puidesen acceder a un primeiro posto de traballo. A contía do proxecto ascendeu a 45.000 €, aos que hai que sumar a achega que fixeron as Súas Altezas Reais por un importe de 95.000 €.
2. Proxecto de reinserción no sistema educativo de mozos que o abandonasen e/ou acceso ao mercado laboral. En colaboración con Cáritas España, este proxecto tivo por obxecto procurar que mozos que abandonaran os seus estudos por fracaso escolar ou polas súa propia vontade, puidesen volver reintegrarse no sistema educativo ou acceder a un posto de traballo ou recibir unha formación específica que lles permita acceder a un emprego. En particular, o proxecto foi executado por Cáritas Málaga para o desenvolvemento do programa ocupacional denominado Pretaller de auxiliar de mecánica de vehículos lixeiros. Contía do proxecto: 45.000 €.
3. Proxecto con menores en situación de risco e/ou exclusión social. En colaboración con Cruz Vermella Española, desenvolveuse un proxecto que facilitou coidado e atención educativa para nenos e nenas en situación de risco social, ofrecéndolles soporte e apoio ás súas familias. En particular, o proxecto aprobado denominouse Proxecto de preservación familiar para nenos e nenas en contexto de risco social, para a atención de familias con nenos e nenas entre os 4 e os 14 anos en situación de risco social no centro de día infantil da Cruz Vermella Española en Salamanca. A contía do proxecto ascendeu a 45.000 €.
4. Proxecto de investigación no ámbito das enfermidades raras. A finalidade deste proxecto foi subvencionar un traballo de investigación coordinado pola doutora Aurora Pujol Onofre, investigadora do ICREA e xefa do Grupo de Enfermidades Neurometabólicas do Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge sobre a enfermidade neurolóxica denominada adrenoleucodistrofia. Contía do proxecto: 45.000 €.
9. Orzamento e plan de actuación da fundación:
Exercicio 2012:
No ano 2012, a Fundación, no seu plan de actuación, continuou coa súa política de investir en proxectos de contido social, cuxos destinatarios foron principalmente a mocidade e as persoas con maior necesidade de protección.
O importe total dos proxectos aprobados ascendeu a 100.000 €. Os tres proxectos aprobados foron os seguintes:
1. Renovouse por un ano a colaboración co proxecto de investigación desenvolvido pola doutora Pujol e o ICREA sobre a enfermidade neurolóxica denominada  adrenoleucodistrofia, que desenvolve no Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge. Contía do proxecto: 25.000 €.
2. Na colaboración coa ONCE, aprobouse un proxecto que ten por finalidade apoiar a comunicación, a interpretación e a transmisión de sensacións aos nenos que padecen cegueira e xordeira. En concreto, o programa da ONCE denomínase Programa de mediación que desenvolve a Fundación ONCE de atención a persoas con xordocegueira”. Contía do proxecto: 25.000 €.
3. En colaboración co Concello de Lorca, aprobouse un proxecto que ten por finalidade a reparación dos danos sufridos na súa estrutura, como consecuencia do terremoto, polo colexio Pilar Soubrier, que é un centro de atención a nenos con deficiencias psíquicas e físicas. Contía do proxecto: 30.000 €.
10. Visitas de SS.AA.RR a los proyectos:
Dentro de su programa de actividades, Sus Altezas Reales los Príncipes de Asturias llevan a cabo visitas a los proyectos desarrollados por la Fundación Hesperia en colaboración con otras entidades.
El día 2 de marzo de 2011, visitaron el Proyecto de inserción en el mercado de trabajo de jóvenes discapacitados desarrollado en colaboración con la Fundación para las Personas Discapacitadas de la Isla de Menorca (FPDIM), mediante el que se ayudó a que jóvenes con una discapacidad intelectual leve pudieran acceder a un primer puesto de trabajo. 
 
O 23 de setembro de 2011, as Súas Altezas Reais visitaron no centro de día infantil da Cruz Vermella Española en Salamanca o Proxecto de preservación familiar para nenos e nenas en contexto de risco social, desenvolvido en colaboración con Cruz Vermella Española para a atención de familias con nenos e nenas entre os 4 e os 14 anos en situación de risco social, ofrecéndolles soporte e apoio ás súas familias. 
 
O 22 de maio de 2012 visitaron o proxecto executado por Cáritas Málaga para o desenvolvemento do programa ocupacional denominado Pretaller de auxiliar de mecánica de vehículos lixeiros para a reinserción no sistema educativo de mozos que o abandonaran e/ou acceso ao mercado laboral. 
 
 
  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin