Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

A Súa Maxestade o Rei Felipe VI

As vítimas do terrorismo e os seus familiares son referentes de sacrificio, exemplos de dignidade e símbolos da firmeza dos nosos valores e principios, e acicate do noso compromiso ineludible de acabar co terrorismo

Paris, 15.9.2011

  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin

FUNDACIÓN PRINCESA DE ASTURIAS

 
A Fundación Príncipe de Asturias constituíuse na cidade  de Oviedo o 24 de setembro de 1980 nun solemne acto que estivo presidido pola Súa Alteza Real o Príncipe de Asturias, cando contaba con 12 anos, acompañado dos seus pais, as Súas  Maxestades os Reis de España.
A Fundación é unha institución privada sen ánimo de lucro cuxos obxectivos primordiais son consolidar os vínculos existentes entre o Principado e o Príncipe de Asturias e contribuír á  exaltación e promoción de cantos valores científicos, culturais e humanísticos son patrimonio universal. Con este fin, en 1981 creáronse os Premios Príncipe de Asturias que don Felipe de Borbón, presidente de honra desta institución, entrega cada outono no Teatro Campoamor de Oviedo. Estes premios, de ámbito internacional, concédense en oito categorías: Artes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica, Letras, Deportes e Concordia.
A cerimonia de entrega dos premios está considerada como un dos actos culturais máis importantes da axenda internacional. 
Dentro do seu empeño por contribuír ao fomento da cultura, a Fundación Príncipe de Asturias creou en 1983 a Área Musical, que conta con tres formacións corais (Coro, Joven Coro e Coro Infantil) cuxos directores honoríficos son Jesús López Cobos e Krysztof Penderecki, e unha Escuela Internacional de Música.

Más Información Web: www.fpa.es

  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin

Vídeo

Proclamación de S.A.R. el Príncipe de Asturias como "Príncipe de Asturias" en Covadonga
01.11.1977

Vídeo

Discurso íntegro de S.M. el Rey en la entrega de los Premios Príncipe de Asturias 2014
Teatro Campoamor. Oviedo, 24.10.2014