Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

Su Alteza Real la Princesa de Asturias

... O voso talento e traballo merecen todo o recoñecemento. E os valores que representades son moi necesarios, sobre todo para a miña xeración. Esforzo, solidariedade, entusiasmo, capacidade de iniciativa e de superación... Todo iso vos define e vos axuda a mellorar. E mellorádenos a todos como sociedade.

Barcelona, 1.7.2021

  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin

Biografía de S.A.R. la Princesa de Asturias

A Súa Alteza Real a Princesa de Asturias, dona Leonor de Borbón e Ortiz, é a filla maior das Súas Maxestades os Reis de España, don Felipe e dona Letizia. Naceu en Madrid o 31 de outubro de 2005. Os seus padriños de bautismo foron os seus avós paternos, as Súas Maxestades os Reis don Juan Carlos e dona Sofía.
É a herdeira da Coroa dende a proclamación do seu pai como Rei o 19 de xuño de 2014. De acordo co establecido no art.º 57.2. da Constitución, ostenta dende ese momento a dignidade de Princesa de Asturias, xunto cos títulos de Princesa de Girona e Princesa de Viana, correspondentes aos primoxénitos do Reino de Castela, da Coroa de Aragón e do Reino de Navarra, cuxa unión formou no século XVI a Monarquía española. Ostenta, así mesmo, os títulos de Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer.
  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin