Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
A Monarquía na Historia de España
  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin
  • Compartir en Google+

Símbolos da Monarquía española

 
A coroa e o cetro pertencentes ás Coleccións Reais de Patrimonio Nacional, procedentes dos reinados de Carlos II e Carlos III, custódianse no Palacio Real de Madrid. Dende o reinado de Sabela II utilizáronse nas cerimonias de proclamación dos Reis de España e son os símbolos da máxima representación da monarquía española.

A Coroa Real

A Coroa Real
O sinxelo aro decorado con ramos encadeados soporta o canastro formado por oito espellos con emblemas heráldicos coroados por ramas de loureiro. Deles parten oito imperiais con deseño de ramas entrelazadas. Sobre eles álzase o orbe e unha cruz de brazos iguais. Está marcado co escudo coroado con osa e albedro/ 75; castelo 75; VE/LAS/CO (nun dos espellos); escudo coroado con osa e albedro/ 88; castelo 88 (nun dos imperiais).
Foi realizada por Fernando Velasco, prateiro de cámara da Real Casa dende 1748. A súa marca persoal aparece xunto ás dos contrastes de Vila e Corte de Madrid, e á marca cronolóxica de 1775. Nun dos diademas figura tamén a data de 1788, o que indica que puido sufrir algunha deterioración ou ser modificada.
Descoñécese o motivo deste encargo; non obstante, as súas proporcións demostran que tivo un carácter cerimonial e simbólico, reforzado no canastro polas armas dos reinos de Castela, León, Granada, Parma, Tirol e as flores de lis dos Borbóns.
A coroa responde un estilo puramente neoclásico. O programa iconográfico que presenta relaciónase abertamente coa exaltación da monarquía. As coroas de loureiro aluden á abundancia, e o orbe e a cruz remiten ao poder terreal e divino. Utilizada como símbolo da monarquía española, acompáñaa o cetro fabricado no século XVII tanto na proclamación e xura do novo monarca, coma nas cerimonias fúnebres.
Datos da Coroa Real:
  • Autor: Fernando Velasco (1741-1787)
  • Data: 1775 e 1788
  • Materia: prata fundida, cicelada e dourada.
  • Dimensións: 39 cm. alto; 18,5 cm. diámetro aro; 40 cm. diámetro máximo.
Para máis información: www.patrimonionacional.es

O Cetro Real

O Cetro Real
Bastón formado por tres canóns de prata dourada, recubertos cun fino labor de filigrana e celas que aínda conservan restos de esmalte azul, verde e turquesa. Os canóns sepáranse por medio duns aneis engastados con granates embutidos en bocas cadradas. Remata nunha bóla de cristal de rocha tallado.
Tipoloxicamente responde aos modelos de bastóns utilizados como elementos distintivos da realeza e da nobreza en Centroeuropa. Coincide con eles na lonxitude do seu mango e no remate esférico.
En 1701 descríbese no inventario realizado á morte de Carlos II pero descoñécese a súa orixe: "Un Bastton Rebesttido de platta dorada blanca y esmaltada de Colores Con quattro ñudettes guarneçidos de granattes y Una bola de Christal Jaquelada por remate de tres quarttas de largo tasado en Veintte y Cinco ducados de platta que hazen quatroçienttos y doze reales y medio de Vellon". Foi considerado como un traballo centroeuropeo de autor descoñecido por carecer de marcas.
Dotado de carácter simbólico, non aparece en ningún dos retratos oficiais dos monarcas ata o século XIX. A raíña Sabela II sosteno na súa man, con valor de cetro, en varios retratos oficiais conservados no Banco de España, no Museo de Belas Artes de Sevilla e no Museo do Romanticismo de Madrid.
Xunto coa coroa realizada polo prateiro Fernando Velasco utilízase na proclamación e xura do novo monarca e nas cerimonias fúnebres.
Datos do Cetro Real:
  • Data: mediados do século XVII
  • Autor: Anónimo
  • Materia: ouro, prata, granates, esmalte e cristal de rocha; fundido, cicelado, engastado, filigrana e tallado
  • Dimensións: 68 cm
Para máis información: www.patrimonionacional.es