Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

A Súa Maxestade o Rei Felipe VI

As vítimas do terrorismo e os seus familiares son referentes de sacrificio, exemplos de dignidade e símbolos da firmeza dos nosos valores e principios, e acicate do noso compromiso ineludible de acabar co terrorismo

Paris, 15.9.2011
  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin
  • Compartir en Google+

Fundación Princesa de Girona

A Fundación Príncipe de Girona constituíuse o 26 de xuño de 2009 a partir da iniciativa emprendida pola Cámara de Comercio de Girona, Caixa Girona, a Fundación Gala-Salvador Dalí e La Caixa, á que se sumaron máis de 60 patróns. O seu principal obxectivo é traballar pola mocidade do noso país en todos aqueles aspectos críticos para o seu futuro.
A FPdGi entende o apoio á mocidade como unha forma de potenciar a súa capacidade para construír unha sociedade mellor, máis solidaria, cunha especial atención aos mozos e mozas que proveñen de ámbitos desfavorecidos. Neste sentido, aspira a se converter nunha plataforma global e nun referente do impulso ao progreso e ao talento grazas a distintos proxectos nos que a mocidade é a verdadeira protagonista. Mozos de idades diferentes e tamén de ámbitos moi diversos: empresarial, social, cultural, deportivo, académico e científico.
A FPdGi centra a súa actuación en catro grandes eixes: o fomento da iniciativa emprendedora, o éxito escolar dos máis novos, a mellora da ocupación e o fomento das vocacións. Referente no fomento da iniciativa emprendedora, o Fórum IMPULSA ocupa un espazo central e baséase na convicción de que a actitude emprendedora, a creatividade e a innovación son tres factores fundamentais á hora de xerar oportunidades para a mocidade. Os Premios IMPULSA, pola súa vez, recoñecen o talento emprendedor en todas as áreas do coñecemento.

Más Información Web: es.fundacioprincepdegirona.org

  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin
  • Compartir en Google+