Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

SM a Raíña Dona Sofía

O estímulo ao traballo esforzado, rigoroso e innovador das humanidades, as ciencias e as artes contou sempre e conta co apoio permanente da Familia Real.

Valencia, 19.10.2011
  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin
  • Compartir en Google+

Fundación Raíña Sofía

A Fundación Raíña Sofía foi constituída en 1977 por un pequeno capital achegado persoalmente pola Súa Maxestade a Raíña. É unha fundación mixta de carácter benéfico e cultural, sen ánimo de lucro e de natureza permanente. Desde 1994, xestiona e promove numerosos proxectos educativos e sanitarios, así como de axuda social e humanitaria, dos que se beneficiaron nenos, maiores, inmigrantes, discapacitados e afectados por catástrofes naturais. 
A Súa Maxestade a Raíña é a presidenta executiva da Xunta do Padroado da Fundación, a cal está constituída por un mínimo de seis e un máximo de dez vogais, de entre os que se nomea un comité executivo e cuxos membros pertencen ao persoal que traballa no Palacio da Zarzuela.
De 2002 a 2007, unha das principais liñas de actuación da Fundación Raíña Sofía foi o Proxecto Alzhéimer, cuxo principal expoñente é, hoxe por hoxe, o Centro Alzhéimer da Fundación Raíña Sofía, inaugurado en 2007 en Vallecas, onde se levaron a cabo ata o momento 27 proxectos de investigación, seis deles no eido internacional. Tamén xerou máis de 60 publicacións científicas e 38 comunicacións en congresos e reunións científicas.
Na actualidade estase levando a cabo un proxecto de investigación de diagnóstico precoz, Proxecto Vallecas, dotado con 1.800.000 euros e que conta coa axuda de 1.000 voluntarios. Así mesmo, creouse unha unidade de orientación diagnóstica que servirá para a investigación desta enfermidade e tamén para diagnosticala.
O Centro Alzhéimer da Fundación Raíña Sofía está xestionado pola Comunidade de Madrid na súa parte asistencial e pola Fundación Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas (CIEN) na vertente de investigación. Estrutúrase nunha residencia en réxime de internado para 156 enfermos de Alzhéimer, un centro de día en réxime ambulatorio para 40 enfermos, unha unidade de investigación sobre a enfermidade e un centro de formación sobre a enfermidade para persoal sanitario, familiares e voluntarios.
  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin
  • Compartir en Google+